Buscar nesta web
Queremos comunicarvos que o 13-09, a nome da asociación, foi recibido o auto polo cal o TSXG desestima o recurso interposto pola Xunta de Galicia en contra da paralización cautelar do P.E Encrobas.As razóns principais desta decisión baséanse no valor e o bo criterio dos diferentes informes aportados pola nosa asociación e que demostran que a realización do proxecto eólico suporía un dano ambiental irreversible na contorna.Sendo moi prudentes, e ante a falta de poder acabar de interpretar os máis pequenos detalles do auto, podemos considerar esta resolución cómo unha grande victoria nos tribunais, e aínda que non supoña polo momento unha paralización definitiva do proxecto, sí que nos achega moi preto do noso obxectivo.Dende a directiva queremos destacar o grandísimo traballo realizado polos compañeiros dos diferentes grupos de traballo, que con moito esforzo e un compromiso inquebrantable conseguiron recursos para que poidamos plantar cara a un xigante como Naturgy e á propia Xunta. Grazas tamén a todo o colectivo, a tódolos socios, polo apoio e a confianza posta nas persoas que imos tomando as decisións, ós que cómo lle pode pasar a calquera, ás veces cometemos erros e outras temos acertos, máis o verdadeiro acerto foi xuntarnos todos e facer ver que xuntos somos fortes e podemos defendernos. Así Non van vir.
As Asociacións ambientais de Carral, Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio, en colaboración co Concello de Carral, organizaron unha andaina para conmemorar e festexar o día do medioambiente.
Este domingo 2 de xuño as Asociacións ambientais de Carral, Salvemos o Val
de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio, en colaboración co
Concello de Carral, organizaron unha andaina para conmemorar e festexar o día
do medioambiente na que participaron 50 persoas.
A ruta iniciouse nos Muíños do Batán onde os guías falaron da importancia
do patrimonio e a flora e fauna protexidas da zona altamente afectados polo
proxecto para a construción do parque eólico de As Encrobas. Ao mesmo tempo que
se reivindicaron os valores naturais e as especies que compoñen o Enil do Río
Abelleira se propuxo a posibilidade de iniciar unha nova figura de protección
en Carral para o Alto Barcés debido tamén ós seus altos valores naturais e á
biodiversidade da zona.
CONMEMORA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE
Carral conmemorará o Día do Medioambiente cunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Batán. A actividade, organizada polas asociacións Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 2 de xuño.
A ruta planificada é lineal, sairemos dende os Muíños da Costa da Égoa ata a cápela de San Pedro de Rubieiro (uns 3,45 km aprox). Cada participante levará unha bolsa de lixo para ir recollendo os residuos que encontremos para concienciar sobre manteros limpos os nosos montes.
Son prazas limitadas. Para inscribirse hay que chear o formulario da seguinte ligazón FORMULARIO ANDAINA ou acceder a través do QR da imaxe.
PARALIZACIÓN CAUTELAR DO PE MEIRAMA
Temos unha moi boa nova que compartir e é que o TSXG por fin comunicou a paralización cautelar do PE Meirama. Llevábamos agardando está nova xa moito tempo, e non é para menos, frear este parque é crucial para a contorna dos Concellos afectados e o Monte Xalo. Osto danos todavía mais forzas para seguir loitando e demostrar unha vez mais que a veciñanza podemos frear estes macroproxectos. 💪💪AXUDEMOS A FREAR O PROXECTO DE ALTRI
AXUDEMOS A PRESERVAR O MEDIOAMBIENTE
Alegacións dispoñibles premendo AQUI
Isto non se pode permitir, gracias á denuncia presentada polo Sindicato Labrego Galego estase a investigar a corrupción que hai detrás dos proxectos eólicos en Galicia.
NON SEREMOS TERRA DE SACRIFICIO