Buscar nesta web


Queremos comunicarvos que o 13-09, a nome da asociación, foi recibido o auto polo cal o TSXG desestima o recurso interposto pola Xunta de Galicia en contra da paralización cautelar do P.E Encrobas.
As razóns principais desta decisión baséanse no valor e o bo criterio dos diferentes informes aportados pola nosa asociación e que demostran que a realización do proxecto eólico suporía un dano ambiental irreversible na contorna.
Sendo moi prudentes, e ante a falta de poder acabar de interpretar os máis pequenos detalles do auto, podemos considerar esta resolución cómo unha grande victoria nos tribunais, e aínda que non supoña polo momento unha paralización definitiva do proxecto, sí que nos achega moi preto do noso obxectivo.
Dende a directiva queremos destacar o grandísimo traballo realizado polos compañeiros dos diferentes grupos de traballo, que con moito esforzo e un compromiso inquebrantable conseguiron recursos para que poidamos plantar cara a un xigante como Naturgy e á propia Xunta. 
Grazas tamén a todo o colectivo, a tódolos socios, polo apoio e a confianza posta nas persoas que imos tomando as decisións, ós que cómo lle pode pasar a calquera, ás veces cometemos erros e outras temos acertos, máis o verdadeiro acerto foi xuntarnos todos e facer ver que xuntos somos fortes e podemos defendernos. 
Así Non van vir.