Buscar nesta web

Asociate


Pincha AQUI e enche a solicitude para entrar na asociación.

¿ Por que asociarse ?

•Por conciencia ecolóxica
•Porque queremos unha economía sustentable e respectuosa co medio (hortas, granxas, turismo rural, etc)
•Por garantir o futuro dos recursos hídricos e medioambientais
•Porque queremos manter o noso patrimonio cultural

Ademais os estatutos contemplan estas vantaxes:

Artigo 10. Dereitos
As persoas asociadas teñen os seguintes dereitos:
a) Participar nas actividades da asociación
b) Ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos de goberno.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto.
d) Recibir información da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
e) Acceder á documentación da asociación a través dos órganos de representación.
f) Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
g) Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.


Artigo 11. Obrigas
a) Cumprir os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
b) Pagar as cotas que de conformidade cos estatutos, se establezan.
c) Desempeñar as obrigas inherentes aos cargos para os que foron elixidas.
d) Asistir ás asembleas e demais actos organizados pola asociación.