MACROeolicosNON
Quede claro, dende o primeiro momento, que non estamos en contra da enerxía renovábel, queremos e necesitamos enerxía.
Máis tamén consideramos que o actual modelo de desenvolvemento MACROeólico, é a todas luces insostíbel, non xustifica a chamada transición enerxética e, entre outros moitos prexuízos, condena a o territorio galego a ser “un territorio de sacrificio”, enchendo unha gran extensión da xeografía do noso pais de MACROaeroxeradores, liñas eléctricas de alta tensión (LAT) e poligonos mais que parques MACROeólicos, hipotecando o uso da chan e das vivendas que quedan incluídas nas poligonais marcadas polos proxectos dos mal chamados parques eólicos, e que representa na realidade unha “expropiación” encuberta, en beneficio das grandes multinacionais eléctricas.
En datos oficiais do ano 2020, Galiza xerou casí 10.000.000 MWh, só por detrás de Castela-León. A xeración eléctrica galega renovable e non renovable suma 24.552.000 MWh, máis ou menos, o consumo só chega a 17.383.000 MWh. Calquera pode facer a conta do que producimos e do que consuminos, e o resto para exportar. Para qué necesitamos MACROeolicos?
Firma o manifesto en Change.org
ALDEAS CON HORIZONTE”, dos 15 principios para un novo marco eólico galego.